Xa hai neve nas montañas,
na miña terra vai frío
o Nadal está chegando
pola beiriña do río.
Xesús nace no pesebre
de cada casa da aldea
co calorciño da vaca
que por certo non é fea.
A Virxe María
co neniño en brazos
baila e baila
dándolle moitos abrazos.
San Xosé sorrí
mirando a María
e Xesús descalzo
ten a perna fría
O Nadal chegou
a miña aldeíña
para que toda a xente
estea contentiña.
Pablo López Lolo.
Que bonita xa van duas.
ResponderEliminarMoi graciosa no de: co calorciño da vaca que por certo non é fea
ResponderEliminargracias
ResponderEliminar"O Nadal está chegando pola beiriña do río". Verdadeiros versos de poeta.
ResponderEliminarChus
Pablo,Chus ten razon,pareces un poeta de verdade
ResponderEliminar