viernes, 9 de diciembre de 2011

O OUTONO

                                                Fotografía de Juan Ángel.

Caen as follas das árbores,
no meu prado sen parar,
porque xa chegou o outono,
que nos volve visitar.

No outono xa vai frío,
chove e chove sen cesar,
nós quentámonos no lume
do noso doce fogar.

As castañas do meu souto
polo chan hei de apañar,
pisando os seus ourizos,
que non me poidan picar.

As mazás doces e amargas,
tamén as hei de apañar,
para vendelas a Asturias
e facer sidra no lagar.

Noces moitas hei de coller,
mais pouco me van pagar
porque por pouco diñeiro
todas as hei de deixar.

O mellor é a matanza
dos porquiños do lugar,
sácanse todos da corte
e empézanse a sangrar.

O meu tío é matador,
ponos todos a lavar
e despois cólgaos na aira,
para ós pobres desfrebar.

Despois veñen os roxóns,
que moito hai que quentar,
as frebiñas, os botelos, os chourizos,
para todo o ano disfrutar.

A matanciña do porco,
na miña terra ten lugar
pola estación do outono,
que eu sempre estou a esperar.

                                 Pablo López Lolo

3 comentarios:

  1. Que bonita e interesante .
    Emocioname.

    ResponderEliminar
  2. Que bonita e triste, pobres porcos.

    ResponderEliminar
  3. Está moi ben, Pablo. Ademais de ser unha poesía moi bonita, é moi completa, xa que tratas de case tódalas cousas que suceden no Outono.

    ResponderEliminar