jueves, 22 de diciembre de 2011

O Nadal






Xa hai neve nas montañas,
na miña terra vai frío
o Nadal está chegando
pola beiriña do río.

Xesús nace no pesebre
de cada casa da aldea
co calorciño da vaca
que por certo non é fea.

A Virxe María
co neniño en brazos
baila e baila
dándolle moitos abrazos.

San Xosé sorrí
mirando a María
e Xesús descalzo
ten a perna fría

O Nadal chegou
a miña aldeíña
para que toda a xente
estea contentiña.

Pablo López Lolo.

5 comentarios:

  1. Que bonita xa van duas.

    ResponderEliminar
  2. Carlos Tacón García28 de enero de 2012, 16:10

    Moi graciosa no de: co calorciño da vaca que por certo non é fea

    ResponderEliminar
  3. "O Nadal está chegando pola beiriña do río". Verdadeiros versos de poeta.

    Chus

    ResponderEliminar
  4. Pablo,Chus ten razon,pareces un poeta de verdade

    ResponderEliminar