miércoles, 21 de diciembre de 2011

Añoranza da miña árbore




Fotografía de Sole Gómez Blasi

Chámome Milagros, teño setenta anos, e vivo na Arxentina. Son dunha aldea de Guimarey, onde me criei cos meus pais, cos meus sete irmáns e os meus catro avós.
Teño bos recordos da miña infancia, onde xoguei, disfrutei...
Un día o meu avó plantou unha nogueira, xunto á que pasei agradables e alegres momentos. Alí sentábame ó fresco no verán. No inverno a nogueira quedábase espida porque lle caían as follas. Entón eu apañaba os seus froitos: as noces, que eran moi ricas e coas que facíamos roscos, tartas, pan...
Con vinte anos marchei para Arxentina. Alí estudei, e traballei para sacar unha familia adiante. Aprendín novas cousas, nun lugar no que non tiña a ninguén.
Despois de ter traballo, caseime. Tiven dúas fillas guapísimas, de pelo longo e castaño e ollos azuis, ás que bauticei co nome de Pilar e Ana. Eu contáballes que tivera unha infancia moi bonita.
Ana e Pilar foron medrando e estudaron unha carreira, e cando acabaron empezaron a traballar, e finalmente casáronse. O tempo pasou rápido e tiveron nenos e nenas. Eu estaba emocionada cos meus netiños. As nenas chámanse Claudia e Carla, e eran morenas con ollos azuis, e gustáballes estudar. Os nenos eran Óscar e Miguel, e tiñan o pelo negro e ollos marróns.
Eu decidín voltar a miña terra, volver aos meus recordos e ensinalos a miña familia. Había cincuenta anos que non viña a Galicia, por fin volvería a poñerme á sombra da miña nogueira... Cando cheguei, todo estaba moi cambiado, xa nada se parecía á aldea que deixara. Cando fun ó lugar onde estaba plantada a miña nogueira levei unha decepción, pois no sitio dela había unha casa. Xa non podería xogar cos meus netiños baixo dela, nin podería ensinarlles o meu recordo. So me quedaba a añoranza da miña nogueira.

Nerea Fernández Álvarez. 

4 comentarios:

  1. Carlos Tacón García28 de enero de 2012, 16:12

    Está ben pero ten un final bastante triste...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. xa esta moi ben escribino eu !!!!

      Eliminar
  2. Esta mui ben sigue faendoo asi

    ResponderEliminar
  3. Boa historia. As cousas mudan igual ca nós. Moi ben Nerea.

    Chus

    ResponderEliminar