A CÉLULA
1.-A CÉLULA ANIMAL
A célula é a unidade básica da vida. Está composta por: o citoplasma, o núcleo e a membrana celular.
O citoplasma comprende todo volume da célula. Ten numerosos orgánulos como: o retículo endoplasmático, mitocondrias, o aparato de golgi, vacuolas...
O núcleo contén o ADN, que é o responsable de controlar o funcionamento da célula.
2.-A CÉLULA VEXETAL
A célula vexetal é a célula que compón as plantas. Está formada
pola membrana, polo citoplasma e polo núcleo.
A membrana cobre a célula. Está recuberta pola parede celular.
O citoplasma ten no seu interior entre outros compoñentes: os
cloroplastos...
O núcleo contén o ADN
3.-SERES UNICELULARES
Un organismo unicelular é aquel que está formado por unha soa célula, como son todas as bacterias, os protozoos, os paramecios, as amebas, os ciliados, etc. Representan a inmensa maioría dos seres vivos que poboan actualmente a Terra. Sen embargo, os seres vivos que nos resultan familiares están constituídos por un conxunto de células, son os chamados organismos pluricelulares aínda que na súa orixe tamén estes organismos proceden dunha única célula.
Shenna Díaz Méndez
MUI BIEN SHENNA FELICIDADES
ResponderEliminarE mui bonito sigueo facendo asi
EliminarGracias chicas.Xa sei que me quedou moi bonito
EliminarGracias chicas.Xa sei que me quedou mui bonito
ResponderEliminarBueno esta bastante ben . xD Jajaja
ResponderEliminar