Poesía gañadora no certame das Letras Galegas do noso colexio (C.P.I. LUÍS DÍAZ MORENO), na categoría de 6º curso.
Estou nun monte bravo,
con xestas, toxos e árbores;
ese monte tan cincento,
coma unha xesta nun prado.
É un monte cheo de silvas,
con carpanzas e carqueixas,
e non te esquezas dos fentos,
eses fentos tan verdecentes.
Esa noite tan solemne,
con eses aulidos do lobo,
os olliños da curuxa,
e os ladridos do zorro.
Cando chega un novo día,
todos os animais se esconden,
¡ule a pinos e a menta!
Un olor tan fresco, que escorrenta.
Non te esquezas, non te olvides,
das picaduras do monte,
das ortigas, e das silvas,
que me arañan ata a mente.
Pablo López Lolo